sábado, 31 de março de 2012

A Varsoviana legendada em galego

Vídeo subtitulado en galego co tema Varshavianka, versión rusa dunha peza orixinal polaca de finais do século XIX escrita por Waclaw Swiecicki mentres cumpría pena pola súa militancia socialista. Na súa adaptación rusa converteuse nun himno para os bolxeviques



#sosfragasdoeume

terça-feira, 20 de dezembro de 2011

Punta Raisi



 Salpa inquieta la tormenta
Dai polmoni della terra
Nella valle del contrario
Di una mal celata guerra
Vecchio odore nelle mani
Di un digiuno a fari spenti
Figlio di un ultimo ballo
Che il dolore non cancellerà

Orfani di antiche glorie
Di un’idea persa per strada
Su carriere speculate
La nostra vita non paga
Consiglieri disarmati
Dalla caduca illusione
Di celar mere parvenze
Sotto cieli di cartone

Vecchi agitatori proni
Che or del voto fate un’arte
A bestemmiar rivoluzioni
Con l’inchiostro nelle carte
Nella terra di nessuno
Nella faida che non paga
Ritorniamo nelle case
Per riprenderci la strada

Terra libera!
Nella pena che ci atterra
Terra libera!
Per pulir libera terra
Terra libera!
Camminiamo nel tormento
Terra libera!
Ancor vagando a scarpe rotte
Verso un indomani a stento
Padri di una nuova notte
Per cullar la nostra dignità

Solo è pallido è il tramonto
Di un cammino anticipato
Da un destino spinto e perso
Sopra il fondo disarmato
Di una veglia ammutinata
Costruita su parvenza
Di spacciar miseria a nobiltà

Vecchio agitatore teso
A specular parole al vento
Ad abortir promesse vane
Sopra uccelli di cemento
Nel giardino senza tempo
Di una pena che ci atterra
Coltiviam voli affondati
Per pulir Libera Terra

quarta-feira, 23 de março de 2011

Kaguya Hime

Artigo tirado de aquí e adaptado para a normativa RAG do galego para traballar nas prácticas co alumnado de secundaria.
http://3.bp.blogspot.com/_29EsbNu4A6M/SNY6VzOrLVI/AAAAAAAAAFk/TBpjgvPaRvE/s400/momotaro_s03_lg.jpg
Hai moito, moito tempo, existía un velliño e unha velliña, que vivían xuntos nunha casa no medio do bosque. Eles eran moi pobres e solitarios, pois non tiñan fillos para criar. O velliño era coñecido polo nome de "cortador de bambús", pois, todos os días, el saía cedo para cortar bambús na floresta. Os dous facían cestas e chapeus para venderen e gañaren algúns cartos.


Un belo día, mentres estaba no bosque, o velliño enxergou un gromo de bambú, que brillaba, cunha luz moi intensa. El ficou asombrado, pois, en anos e anos de traballo, nunca vira algo como aquilo. Moi curioso, el cortou o bambú e mal puido crer no que viu. "Unha meniña, unha meniña! Tan pequena e tan linda, só pode ser un presente de deus!".

El levou a pequena meniña na palma dunha de súas mans para casa. Ao ver a meniña, a velliña tamén ficou moi contenta e eles resolveron que o nome dela sería Kaguya Hime (Princesa Radiante).

A partir daquel día, o velliño pasou a encontrar outros bambús brillantes no bosque. Mais, ao contrario dunha meniña, eles contiñan moedas de ouro. Así, a vida da parella mellorou e eles non precisaban  producir máis cestos para sobrevivir. Eles asociaron o milagre á chegada de súa linda filla.

Kaguya Hime medraba moi rápido e a cada día parecía máis bonita. En só tres meses, ela xa tiña o tamaño dun neno de oito anos. Ninguén podería crer que unha persoa tan bonita pertencese a este mundo.

Axiña, os comentarios, sobre a beleza da Kaguya Hime, espalláronse e viñan mozas de todos os cantos do país para coñecela. Todos querían casarse con Kaguya, mais ela non quería casarse con ninguén. "Quero ficar ao lado de vós dous", dicía a moza para seus pais. Mais cinco mozos nobres, de posicións importantes, foron máis persistentes. Eles acamparon fronte á casa de Kaguya Hime e pedíanlle unha oportunidade.

Preocupado, o velliño chamou Kaguya e díxolle: "Miña filla, gostaría inmenso de terte sempre por preto, mais penso que é xusto que te cases. Escolle un de entre os cinco rapaces que están acampados aquí". Así, a linda moza decidiu. "Eu casareime con aquel que me trouxer o obxecto máxico que lle pida".

Un colar feito cos ollos dun dragón, un vaso feito con pedras dos deuses que nunca se quebra, un manto de pel de animal forrado de ouro, un gromo que fai medrar pedras preciosas, un abano que brilla como a luz do sol e unha cuncha que a andoriña pon xunto cos seus ovos. Estes foron os obxectos que Kaguya Hime pediu.

O velliño  levou as peticións de Kaguya aos pretendentes acampados. El sabía que sería moi difícil conseguiren obter tales obxectos. Cal non foi súa sorpresa cando, ao final dalgúns meses, todos os pretendentes trouxeron os presentes para Kaguya. Mais, cando eles foron obrigados a entregalos á moza, todos admitiron que os presentes eran falsos, pois conseguir os certos era unha misión moi difícil. E así, ningún deles obtivo éxito.

Catro primaveras pasaran desde que Kaguya fóra encontrada no gromo de bambú. Mais ela ficaba máis triste a cada día. Noite tras noite, Kaguya Hime ollaba para a lúa, suspirando. Preocupado, o velliño un día preguntou: "Por que estás tan triste miña filliña?". "Eu gostaría de ficar aquí para sempre, mais pronto debo retornar", dixo a moza." "Retornar, mais para onde? O teu lugar é aquí connosco, nunca te deixaremos  partir", dixo o pai aflito." "Este non é o meu reino, eu son unha princesa de Reino da Lúa e, na próxima lúa chea, eles viranme buscar".

Moi asustados coa reveladora confesión de Kaguya Hime, os velliños  decidiron pedir axuda ao príncipe do reino onde vivían. O príncipe axudou e enviou moitos gardas para vixiaren a casa da parella. Un certo exército foi formado.

O día seguinte, a temida noite de lúa chea chegou. A casa estaba tan vixiada que parecía imposíbel que alguén conseguise levar Kaguya Hime. De súpeto, unha enorme luz xurdiu no ceo, como se miles lúas estivesen presentes ao mesmo tempo.

A luz era tan intensa que ninguén conseguiu enxergar a carruaxe que descendía, guiada por un grande cabalo con ás e moitas persoas ben vestidas. Despois dalgún tempo, cando a luz diminuíu, a carruaxe xa estaba voando, en dirección á lúa. Kaguya Hime non estaba xa presente, ela fóra xunto coa comitiva.

Os velliños  ficaron moi tristes, inconformados. Volveron ao cuarto de Kaguya e encontraron un potiño, presente da filla querida. Ela deixara un pó máxico, que garantiría a vida eterna para os dous.

Mais, sen súa filla amada, os velliños non querían vivir para sempre. Eles recolleron todas as pertenzas de Kaguya e leváronas para o monte máis alto do Xapón. Alí, queimaron todo, xunto co po máxico deixado pola moza. Unha labareda branca subiu ao ceo aquel día.

A montaña era o Monte Fuji. Din que até hoxe é posíbel ver a labareda subindo e subindo.

terça-feira, 22 de março de 2011

Ocitània

Ocitánia, naçom negada e oprimida polo Estado francês, criadora da primeira líria europeia em língua romance.

cançon : Lou Seriol - Lo mes de mai



paraula :

Es aici lo mes de mai
que los galants planten lo mai
n'en plantarei un per ma mia
passaré mai que sa teulina
Quand de Marselha ieu vendrei
denant sa pòrta passarei
demandarei a sa vesina
coma se pòrta Catarina

Catarina se pòrta plan !
es maridada i a longtemp
a un borges de la campanha
que li fai plan faire la dama

E m'aviun dich pianta lo mai
que lo sio amor pasa ja mai !
e lhi porcons d'oste de Nòto
l'an pas laissat sença griòta.
Oi Catarina mas que as fach !?
Manco la porta aviu sarat !
Mi lo sai pas s'es de la campanha...
sai mac que tu sies pas una dama !

Ò es passat lo mes de mai
que los galants planten lo mai
Mi l'ai plantat per Catarina...
me sio trubat 'bo la visina !


Hino da Ocitánia



Hymne à la Liberté en Occitan



Cançom em galego-português sobre a Ocitánia




quarta-feira, 16 de março de 2011

Somos os pacifistas, que andamos dando guerra do libro Reticências

Somos os pacifistas,
que andamos dando guerra.
Somos as feministas,
que vestimos de home.
Somos os poetas eróticos,
impotentes no tálamo nupcial.
Somos os sacerdotes,
que nom cremos em Deus.
Somos os comunistas,
mui zelosos da nossa propriedade privada.
Somos os homes —e as mulheres—. Inumanos,
como cumpre à nossa humana condiçom.
Se os nossos nomes e as nossas condutas
nom foram como som contradiçom,
só seríamos sombras.
Mas somos realidades, e por isso
somos assi, contrários do que somos.

Ricardo Carvalho Calero

quarta-feira, 15 de setembro de 2010

29-S, contra o capital GREVE GERAL!

A Internacional em 47 línguas



A Internacional em grego



A Internacional em italiano



A Internacional em galego-português



A Internacional em eúskaro



A Internacional em català



A Internacional em curdo



A Internacional em Hebreu



A Internacional em farsi



A Internacional em afgano



A Internacional em japonês



A Internacional em albanês



A Internacional em francês


A Internacional em checo



A Internacional anarquista em castelhano



A Internacional musicada pelos Garotos Podres



terça-feira, 22 de junho de 2010

Quê se passa no Quirguizistám?



«O nosso interesse polos conflitos desce quanto mais para leste e mais para sul se registarem aqueles. Se a Bósnia levantou muita atençom, a Chechénia – dous mil quilómetros para oriente – poucas primeiras planas tem levado, ao tempo que ninguém lembra que a república ex-soviética do Taiquistám, outro par de milhares de quilómetros para leste, foi cenário de umha sanguenta guerra civil entre 1992 e 1997», Carlos Taibo[1].

O coraçom do heartland

Recentemente tem ocupado algum espaço no espaço de (des)informaçom internacional dos média os conflitos étnicos do Quirguizistám. Umha informaçom mínima que nom permite sem maiores pescudas formar-nos umha ideia, ainda que seja sucinta, sobre o que se passa naquela ex-república soviética[2].

Os geógrafos políticos do Sacro Império Romano deram pé mediante o empuxe da orde teutona no Drang nasch Osten a umha expansom germana cara o leste, séculos antes de que Adolf Hitler e os chefes nazis falaram do Lebensraum ou mais modernamente o desenho dumha Mitteleuropa através da Eurolándia. Nesta mesma linha geopolítica insire-se a teoria do británico Harold Mackinder que iniciou a teoria do heartland (ou zona central) na Eurásia e que seria, segundo este autor, o eixe sobre o que giraria o domínio do mundo:

«Quem governar Europa Central dominará o heartland;

quem governar o heartland dominará a ilha mundial;

quem governe a ilha mundial dominará o mundo».

Ainda que enunciadas assi as máximas nos lembrem mais ao romance de Orwell do que a um tratado de geopolítica a heartland segue a ser esse espaço de Ásia Central em que o imperialismo americano se bate contra os interesses a Rússia e a China. A própria guerra do Afeguenistám, para a que o secretário de Defesa Robert Gates se nega a pôr data de remate, enquanto Obama recolhe o Nóbel da Paz e reforça a sua presença militar no coraçom da Ásia. A estratégia dos EUA no heartland é bem simples: espalhar por todos os países de Ásia Central progressivamente a “guerra contra o terrorismo” e pola “segurança nacional”, cujo alvo fundamental é garantir o controlo dos recursos naturais e, em especial, o vale de Fergana repartido entre Uzbequistám e Quirguizistám.

Se bem na actualidade a importáncia do heartland nom se localiza já apenas em Ásia Central como na Época do Império Británico, mas em toda a Eurásia – por exemplo os recursos petroliféros do Iraque, a Arábia Saudita ou o Irám, a zona segue a ser dumha importáncia fulcral no conjunto do «grande tabuleiro mundial». Casaquistám, Quirguizistám, Taiquistám, Uzbequistám, Afeganistám, Paquistám, Cachemira, Xinxjiang (Oriente Médio) e Oriente Próximo som o tabuleiro onde a China e os EUA, e a Índia e a Rússia em menor medida, movem as suas peças fundamentais da geopolítica (sem esquecermos a África para os dous primeiros e o papel do Japom, Israel, o Taiwan e a UE como agentes subalternos dos EUA)[3].

O Quirguizistám é um estado de cinco milhons de habitantes que limita com a naçom iugur polo leste, que sofre a opressom do Estado chinês, como os recursos petrolíferos do Casaquistám polo norte com Uzbequistám polo oeste e com Taiquistám polo Sul. De facto, o vale de Fergana de importantíssimos recursos naturais e energéticos reparte-se entre o Quirguizistám, o Uzbequistám e o Taiquistám. A geografia de Quirguizistám é muito acidentada, com 65% da superfície ocupada polas cadeias montanhosas de Pamir e Tiam Siam, e 90% do território está por cima dos 1500 metros de altitude com um clima de oscilaçons térmicas extremas e invernos especialmente frios e duros. O idioma oficial segue a ser o russo, se bem som numerosas as línguas locais dependendo dos diferentes grupos étnicos.

A economia baseia-se na agricultura (um terço do PIB) e na extraçom de outro, carvom, gás e petróleo. Os jacimentos de uránio e antimónio som tamém consideráveis e a estimaçom das reservas de carvom da mina de Cara-Queche som de 2500 toneladas. Lembremos que o carvom é um piar ainda fundamental da produçom energética chinesa:

«A demanda de carvom na China e na vizinha Índia, que segue um caminho semelhante, representará mais de dous terços do aumento da demanda mundial deste combustível. Em 2050, mais dum terço da energia consumida pola China e os seus vizinhos procederá do carvom»[4].

Em 1997 iniciou-se a exploraçom da mina de Qumtor, um auténtico Potosí, propriedade da agência nacional Kyrgyzaltyn, dona de todas as minas do estado, que até o derrocamento do presidente Kurmanbek Bakiyev era presidida polo seu filho Maxim Bakiyev e gerida pola canadiana Centerra Gold Inc., cujo principal accionista segue sendo precisamente a Kyrgyzaltyn, se bem agora a propriedade da mina é já a empresa canadiana. De facto, entre os clans do norte e a étnia maioritária nom gostou nada que a administraçom fora progressivamente ocupada pola família de Bakiyev e os seus clans aliados do sul[5].

Um último elemento e, quiçais o mais importante, deve ter sido em conta. A existência de bases americanas e russas no seu território, único país do mundo em que se dá isto. Concretamente o Estado de Quirguizistám conta com a gigantesca base da US Force em Manas aberta tam só três meses após de que o governo Bush declara a sua “democratíssima” cruzada contra o terrorismo, em setembro de 2001. Manas é, portanto, o surtidor aéreo norte do Afeganistám e fundamental para assegurar a presença americana nesse ponto estratégico, tanto polos gaseodutos do gás, como polas imensas reservas de lítio que tem o Afeganistám, assi como pola sua situaçom geoestratégica a respeito da China, da Índia e ainda da Rússia e do Paquistám.

Isto provocou que perante a crise que trouxo consigo a queda de Bakiyev a própria Hillary Clinton advoga-se polo diálogo entre a oposiçom, composta por ministros da camarilha de Bakiyev fartos das suas corruptelas e nepotismo, e Bakiyev, financiado polos EUA[6]. Em Ocidente existe umha teima já clássica de imputar os sucessos que levárom a queda de Bakiyev à acçom do governo russo, silenciando interessadamente as manobras imperialistas ianques na zona, que nada tenhem a ver com a defesa da democracia e os direitos humanos. É a mesma música que se aplica à hora de denunciar hipocritamente a actividade das três grandes petroleiras chinesas sem reparar que quando menos elas investem em infrastruturas no Tchade e no Sudám algo que nem de longe fam as humanitárias e defensoras da democracia BP[7] ou Shell.

Rússia, China e os EUA: a proliferaçom de estados falidos perante a recrudescência da luita pola hegemonia económico – energética mundial.

Os média descrevem o acontecido no Quirguizistám como um simples episódio de violência étnica sem apresentar antecedentes nem causas, como se a conflituosidade social se desenvolvera da noite para a manhá. Tentárom fazer o mesmo na Grécia apresentando a morte dum moço como a causa das explosons de raiva popular mais importante em decénios. A outra estratégia é procurar o velho saca-untos russo e acusá-lo de instigar umha versom em negativo das avondo cacarejadas “revoluçons de cores”, todas elas apoiadas polos EUA, começando pola das rosas de 2003 em Geórgia, continuando pola laranja de 2004 na Ucraína e seguindo em 2005 pola dos tulipas que levou ao poder ao próprio Kurmanbek Bakiyev[8] e que contou com a habitual presença das “ONGs” usa-americanas como a USAID tristemente célebres já por toda a parte.

Estas “revoluçons” sui generis nom som mais do que contrarrevoluçons ultraliberais para converter estados soberanos em mercados indefesos perante a ofensiva mundial do capitall-financeiro. Em 2009 Bakiyev revisou a Constituiçom para permitir a instauraçom dumha “democracia dinástica” colocando a membro da sua família nos postos cimeiros da administraçom e convertendo-se na oligarquia local que permitia a rapinha das potências ocidentais. A doutrina do shock ultraliberal nom se fixo esperar: mais de 40% da populaçom por debaixo do umbral da pobreza, suba dos impostos a pequenas e medianas empresas, novos impostos às telecomunicaçons (quadriplicando-se os preços) e privatizaçom de numerosas empresas públicas (entre estas a maior eléctrica do estado vendida a membros da sua família por um valor inferior ao 3% real da empresa e cuja consequência fundamental foi o encarecimento da electricidade no duplo e do gás cidade num 1000%).

Portanto, as reacçons da cidadania, para além de estarem justificadas totalmente, eram previsíveis, mas isto nom deve acochar como as grandes potências a empregam para submeter o estado sob os seus domínios. A oposiçom a Bakiyev encabeçou-na umha velha conhecida do regime soviético e na altura membra do PC, Rosa Otumbayeva, antiga ministra do governo de Bakiyev, e líder do governo em funçons que fechou em abril de 2010, após violentos protestos, a era Bakiyev, agora exilado em Bielorússia.

A Rússia, tradicionalmente mui relacionada com estes estados asiáticos, foi o primeiro estado do mundo em reconhecer o novo governo de Otumbayeva e quase consegue a retirada da base norte-americana de Manas a cámbio de ajuda económica, até que o governo dos EUA fixo o mesmo para manter-se nesta regiom de vital importáncia[9]. Otumbayeva, que participou como assistente de Kofi Annan nas Naçons Unidas, comprometeu-se a mudar a Constituiçom e convocar eleiçons em seis meses antes de que a violência étnica entre o Norte e o Sul se disparara, segundo alguns vozeiros pola acçom dos partidários de Bakiyev e, realmente, pola promoçom de grupos de oposiçom interna que respondem aos ditames dumha ou outra potência. A este respeito o primeiro ministro russo, Dimitri Medvedev, afirmou que o risco de ver ao estado fragmentado em duas partes era real alertando da possível afeganistanizaçom do país, que polo de pronto já gerou um auténtico drama de exilados e refugiados da minoria étnica perseguida.

Finalmente, nom se deve esquecer o papel da China na regiom, sem ir mais longe o Quirguizistám é membro da Organizaçom do Tratado de Cooperaçom de Shangai e, para além disso, a inestabilidade neste estado seria funesta para os seus interesses energéticos, geoestratégicos e ainda em política interior poderia recrudescer a insurgência iugur. Está claro que o Oriente Médio é agora o principal cenário para um novo conflito bélico junto ao Irám. As intervençons de momento, tanto de Rússia, como dos EUA ou de China, estám seguindo o curso de aproveitar dissensons internas e chantagear economicamente esses estados. O drama humanitário e econlógico nom está na agenda dum conflito que nos colhe muito longe aos democratas europeus.

A luita entre as potências do “grande tabuleiro mundial” está pronta. A conformaçom de blocos, alianças e estados falidos subalternos será cada vez mais frequente e profundo até umha mais que provável conflagraçom militar de carácter mundial como Petras, Ramonet e outros autores tenhem já insinuado.


[1] Carlos Taibo (2006), Misérias da globalizaçom capitalista, Compostela: Abrente Editora, pp. 58.

[3] Zbiegniew Brzezinski (1998), El gran tablero mundial, Barcelona: Paidós, pp. 39-63.

[4] Paul Roberts (2010), El fin del petróleo, Barcelona : Público – Biblioteca Pensamiento Crítico, p. 355.

[7] É bem conhecido o desastre provocado no golfo de México por esta petroleira. Criticada até nos jornais de certa difusom: “El pueblo contra BP” (Público, 11-6-2010, pp. 34-35).

[8] Nom convém esquecer a “revoluçom” verde do Irám, que ainda que fanada, constitui umha prova da capacidade de ingerência do imperialismo no seio de qualquer estado soberano segundo convenha aos seus interesses.